terça-feira, 11 de dezembro de 2012

O Nadal!! Boas festas

É que estou sorprendido... Vexo que tedes unha e outra festa para ser felices...
Pensándoo ben, este planeta está bastante ben...

Vexo que no nadal tedes por costume felicitarvos as festas e desexarvos o mellor... Así... de visita en Becerreá vin como os amigos da Ilha Terceira enviaban uns regalos e unha postal para desexar o mellor... Que alegría vin nos rostros dos nenos... e que feliz fun!!

Pero aínda houbo máis: os nenos galegos tamén estaban a preparar un regaliño para enviar por correo... Vaia! Foi fantástico ver que ben traballaron todos...

Podedes ver aquí o video da chegada do  regalo portugués
E aquí o video da preparación do regalo galego

Sem comentários:

Enviar um comentário